Relatores
Fernando Vérez Tojeiro
Fernando Vérez Tojeiro naceu nas Pontes xa marcado pola inquietude e curiosidade por todo o que lle rodeaba. Dúas cuestións vitais manexaron a súa vida: o amor pola súa familia e a complicidade coas labras.
Foi prudente, respectuoso, honesto e solidario; home bo e xeneroso que se instalou no corazón de quen tenia preto. Achegábase á xente grazas ao seu discurso vital inconfundible, harmonioso e sincero.
Era pura intuición artística: coñecía profundamente as técnicas, tiña cousas que dicir e, o mais importante, capacidade para facelo; as súas pezas posúen un deseño que as fan fermosas desde a súa concepción.
Fernando, que foi promotor, coordinador, relator nalgunhas edicións e por sempre alma dos Encontros, morreu na primavera de 2014.
Manuel Castro Romero
(Lolo de Severiano)
Naceu nas Pontes no ano 1948, di de se mesmo que de pequeno durmía entre as labras mentres o seu pai torneaba; procede dunha familia de longa traxectoria no oficio onde os segredos da profesión transmitíanse como herdanza tan valiosa como a mesma terra.
Lolo de Severiano é “O Mestre” no traballo coa llerga, ferramenta propia desta zona que o mesmo se forxa, amorna e afía.
Como outros grandes artistas posúe esa intuición que o fai único onde une coñecemento, experiencia e capacidade creativa para facer posible o improbable: tornear de oído e case cos ollos pechados.
Alain Mailland
Alain Mailland é un poeta que dá forma aos soños, unha persoa admirada mais alá das súas, que son moitos, méritos como artista e tornero.
A súa forma de ver a vida (discreto, observador, soñador, respectuoso, honesto) xera sementes das que xorden deseños oníricos e delicados que parecen estar vivos: vexetais, estelares, minerais, animais…
Cada unha das súas pezas son pequenos partos cosmológicos na imaxinación de Alain e actos artísticos sobre a Terra que nos achegan un canto de celebración para coa vida e as marabillas cotiás, escondidas en mundos pequenos que temos ao noso lado sen darnos conta.
Sen dúbida este home é un amigo querido e sempre ben recibido.
Bernard Azema
Bernard Azema está retirado da educación, segue traballando con paixón a madeira e, desde 2014, especialízase en torneado ornamental. Toda a súa produción está relacionada cos tembladores que esculpe e tornea descentrados; as súas pezas son moi delicadas e fráxiles, desafiando as leis da resistencia do material empregado.
Re-interpreta no torno complicados traballos de vellos mestres dos séculos XVII e XVIII axudado por moldes, ferramentas especiais e modernos recursos tecnolóxicos como fresadoras, raios láser ou copiadores colocados tanxencialmente ao eixo.
Apaixonado da madeira, tenta dar a coñecer a súa paixón participando en eventos artísticos, artesáns, exposicións, demostracións, conferencias, …
Quique Prades
Quique Prades é tornero artesán na Comunidade Valenciana desde o 2010, membro de Atorcas (Asociación de torneros de Castelló) desde 2012 da que é secretario desde 2013.
Participante en diferentes eventos artesanais: Feira de Artes e Oficios do Maestrazgo, Benicarlo, Pinell de Brai, Sant Joan de Mouro, A Senia, Rossell, Salzadella, Morella, Peñiscola, Castelló, con demostracións en directo de torneado.
Recibiu recoñecementos polas demostracións e recuperación do oficio como o Primeiro Premio á Mellor peza na Feira de Artesanía da Senia 2017 polas súas pezas innovadoras, transmitir os valores da artesanía e a combinación dun oficio antigo con técnicas mais modernas, segmentado, descentrados, etc…
Elisabeth Mezières
Elisabeth Mezières vive preto de Nimes (sur de Francia), en plena natureza e á beira do Parque Natural deas Monts d’ Ardèche.
O seu traballo xorde do desexo de tornear en verde as madeiras locais da maneira mais fina posible para que, ao secar, as deformacións propias do proceso acheguen unha beleza orgánica e elegante que constrúen ao redor das súas pezas un halo de poesía naturalizada ao que ela non pode renunciar. Ademas gústalle facer obxectos de uso cotián, acabados con cera de abella e aceite de noz, que resistan o paso do tempo sendo útiles, consentidos e queridos, polas súas propietarias-vos.
Relator 2018
Toni Porto
Toni Porto, que vive en Madrid, é un asiduo e bo amigo dos Encontros desde hai moitos anos.
Escultor vocacional, gústalle traballar a madeira sobre a que traslada a súa inventiva grazas ao uso de técnicas que se complementan ( torneado, talla, ferrería, policromías, ebanistería,…).
Posúe as habilidades do oficio, curiosidade e ganas de contar que se mesturan nese punto de equilibrio artístico que é a intuición plástica.
O observa, imaxina, planifica e actúa creando pezas sólidas onde se aprecia a esencia lígnea e a influencia creativa; nós, mentres, percibimos materia, forma, texturas, cores, sombras, técnicas, volumes, luces…
Relator 2018
Rod Page
Rod Page traballou en metalurgia e tratamentos térmicos, converteuse en mestre de metalistería e logo en profesor de deseño e tecnoloxía. En 1997, despois de asistir a unha demostración de Matthew Calder, puido acceder a un torno de madeira no seu traballo e úsoo para converter un tronco de bidueiro nunha forma oca; cometeu unha chea de erros, pero cun bo lixado a peza tiña bo aspecto e enganchouse!
En 2002 decidiu probar, a tempo parcial, o torneado de madeira como profesión aínda que ata agosto de 2011 non se converteu en tornero a tempo completo. O seu interese inicial era o torneado formas ocas Rod agora crea unha variedade de cousas, desde pequenos obxectos comerciais ata pezas de galería máis elaboradas; tamén desenvolveu procesos e equipos para facer pezas en celosía cun estilo propio e diferenciador.
Relator 2018
Adrián Pena Iglesias
Adrián Pena Iglesias naceu en Vigo o ano 1980.
En abril do 2010 coñece a José García Otero e Fernando Vérez Tojeiro nunha demostración preto de onde reside, quedando con ganas de saber máis sobre o torneado. Logo acode aos X Encontros de Torneiros en Xermade e despois realiza varios cursos con Fernando Veréz. Por mor de eses primeiros contactos practica todo o que pode, aprende de todos os torneros que lle é posible viaxando Lugones (Asturias) Málaga, Madrid, Barcelona, Birmingham, etc.
“Considérome un namorado do torneado artístico con ganas de aprender e experimentar diferentes técnicas co fin de dar renda solta á miña imaxinación e intento así realizar todo o que se me pasa pola cabeza sendo unha persoa creativa”.
Participa activamente en exposicións con pintores-escultores da comarca e é socio das asociacións de amigos da madeira Les Forgaxes e As Pontes.
Relator 2017
Jérôme Blanc
Jérôme Blanc naceu en Xenebra (Suíza) en 1978. Despois de cinco anos de estudos na Escola de Artes e Oficios de Xenebra foise en Australia onde descubriu o oficio de tornear a madeira, algo que nunca abandonou.
De regreso á súa terra, traballou como carpinteiro e tallista de madeira, ao mesmo tempo que profundaba no torneado con mestres franceses (Marc Ricourt; Jean- François Escoulen; Alain Mailland).
A Jérôme gústalle traballar a madeira verde que consegue na contorna, é branda e sorprenden as súas formas despois do secado. É unha persoa preocupada polos problemas ambientais; interésalle moito os vínculos entre o ser humano, a contorna natural e as súas pezas ás que achega cor e texturas mediante un continuo proceso de investigación.
Está convencido de que todas as persoas poden ser artistas que tan só necesita activar o seu desexo e motivación para gozar descubrindo a madeira con todos os seus sentidos.
Relator 2017
Jean-François Escoulen
Despois dunha aprendizaxe en ebanistería tradicional (patas de mesa, estilo, balaustres …) levado a cabo en 1972, Jean- François Escoulen avanza gradualmente cara á creación de pezas únicas. O seu gran dominio do torneado fino e o torneado excéntrico levárono a compartir os seus coñecementos en todo o mundo.
As súas reunións con torneros de diferentes países déronlle a oportunidade de refinar técnicas e creacións. Entre 2010 e 2016, con esta experiencia e esta reputación nacional e internacional, Jean- François Escoulen e a súa esposa Monique Escoulen, ebanista, traballaron, a solicitude do municipio de Aiguines, para crear e poñer en marcha unha escola de torneado de madeira, a Escola-taller de Torneado de Madeira Jean- François Escoulen. A escola de torneado está instalada nun edificio de 1200 m², un antigo campamento de verán, adquirido en 2004 polo municipio, e posto ao dispor da asociación que xestiona a escola.
Christian Delhon
Christian Delhon, Francia, o seu primeiro adestramento de torneiro de madeira, baixo Jean- François Escoulen en 1994, orientou ao restaurador de ebanistería cara ao torneado decorativo.
Logo de contactar con torneros estadounidenses, australianos e canadenses ( Terry Martin, Mickaël Hasaluk, Mark Sfirri, André Martel …) e decídese a facer demostracións.
Christian agora posúe un taller e unha tenda, o que lle permite exhibir o seu traballo e ofrecer clases para principiantes ou estudantes avanzados en torneado.
As súas espectaculares esferas estreladas manifestan un torneado preciso e creativo na combinación de madeiras.
Yann Marot
Yann Marot, francés, é Enxeñeiro da Escola de Madeira de Nantes. Yann formouse en torneado con J.- F. Escoulen. As súas pezas pódense atopar en varias galerías e feiras de artesáns. Foi o gañador do concurso de Mozos Creadores dos Ateliers d’art de France 2009. Actualmente é un artesán en Aiguines, é o principal profesor da escola Escoulen.
Rafael Saigí
Rafael Saigí, canario, foi un autodidacta tardío do torneado da madeira, oficio no que se iniciou aos 40 anos e “aos 46 obtivo o carné de artesán”. Nada en especial introduciulle neste nobre oficio, “simplemente un día vin un torno no escaparate dunha ferraxería e compreino, desde entón comecei a aprender a tornear só, por pura afección e paixón, non por motivos laborais”.
Antes de comezar a tornear e crear unha peza Saigí estudaba previamente a súa forma, o debuxo, contraste e cor das vetas e a cortiza da madeira, que inflúen notablemente no posterior proceso de elaboración.
“Coa madeira en bruto, xa sexa de raíz, de tronco, de verruga, etc, inicio o proceso de creación, tentando ver a peza final antes de montar a madeira no torno”. Desta forma Rafael Saigí achegaba ao resultado final de cada unha das súas pezas unha parte orixinal da materia prima, xa fose un oco, unha greta, o bordo natural ou aquilo que máis lle chamase a atención para que quedase integrada e harmonizase coa vasilla ou obxecto realizado.
Faleceu recentemente.
Mr Jason Lee Smith
Este Británico é un artista da madeira que usa madeira local para producir arte única feita a man e unha cantidade selecta de artesanía funcional na pintoresca campiña de Kent.
A calidade é o meu principio; facer xustiza á miña visión dun traballo e darlle á madeira unha vida máis aló da vida da árbore; para crear pezas para ser amadas e transmitidas de xeración en xeración.
A xente a miúdo sorpréndese ao escoitar que a miña primeira carreira foi como farmacéutico, con todo, ser artista permíteme expresar, creatividade e a satisfacción dun produto final que é valorado. Non hai outra sensación como tallar unha árbore non desexada e usar esa madeira para producir unha obra de arte da miña mente.
Manteño o meu estilo de traballo extremadamente variado xa que gozo das oportunidades e os serios desafíos de deseño e calidade que presenta unha ampla carteira.
En 2014, logo dun rigoroso proceso independente de revisión por mestres, tivo a honra de ser aceptado no Rexistro de Turners Profesionais de Gran Bretaña e comeza as súas demostracións.
Nikos Siragas
Da illa de creta é o único tornero grego en facer demostracións internacionalmente, “exhibín o meu traballo en Inglaterra, Noruega, Bélxica, Francia e Estados Unidos. Tamén escribo artigos para revistas do Reino Unido, en particular a revista ” Woodturning”, e deseñei ferramentas de torneado de madeira para Hamlet Tools en Sheffield, Inglaterra. Pode atopar a miña galería e taller na cidade de Rethymno, Creta, onde pode ver o meu traballo e verme demostrando”. Como mediterráneo a madeira preferida para os seus traballos é a oliveira. As súas onduladas formas combinan un torneado meticuloso co coidado tallado dos corpos das súas copas.
Margaret Garrard
En Swaledale, un dos famosos vales de Yorkshire en Gran Bretaña, Margaret Garrard está rodeada de bosques indíxenas, sotobosques, fervenzas e paisaxes espectaculares, a inspiración perfecta para calquera artista.”A beleza do torneado de madeira provén de debaixo da cortiza da madeira, dúas pezas de traballo poden ter a mesma forma, pero debido ao gran e a textura da madeira, isto súmase ao seu carácter e fai que cada peza sexa única”.
As súas delicadas pezas combinan a precisión no torneado e unha celosía tallada como encaixe cunha extraordinaria delicadeza na súa decoración.
Pascal Oudet
É un tornero e escultor en madeira francés, con sede en Isère, rodeado de bosques Foi a transformación do material e a paixón polo traballo manual o que o levou en 2006 a suspender a súa carreira de enxeñería e reconverterse en escultura de madeira.
Este deseñador desenvolveu unha técnica para lixar madeira de forma transparente. Transforma anacos de carballo en bruto en encaixe real de madeira. Longa e meticulosa, esta técnica permite obter pezas de madeira de finura excepcional. Crecemento, exposición, tipo de chan, etc .: os aneis de madeira son unha fonte de información sobre a vida da árbore. Despois de haber torneado e baleirado a madeira ata obter unha forma moi fina, o escultor traballará o material con chorro de area para crear un efecto de encaixe e revelar a estrutura profunda deste material natural.
Con forza e delicadeza, técnica e poesía, as creacións de Pascal Oudet mergúllannos na historia das árbores e nos desafían nas marcas do paso do tempo.
Polo seu coñecemento e o seu espírito de innovación, este creador cambia a aparencia do material de madeira, ofrecendo un xogo sutil de contraste entre o material e a luz. Obtivo numerosos premios, incluído o Gran Premio da Création da Ville de Paris na categoría “Artesanías confirmadas” en 2012. As súas pezas están presentes en moitos museos, incluído o Museo de Arte e Deseño de Nova York, como en Moitas coleccións privadas en todo o mundo.
Hans Weissflog
De Honnersum, Alemaña, estudou enxeñería mecánica e deseño. Durante máis de 33 anos, Hans viuse impulsado polo desafío de crear formas altamente precisas, técnicas e deseñadas por expertos. As pezas son torneadas, en capas e perforadas. En 1994 recibiu o máis alta honra para un artista artesanal alemán, o Premio Estatal de Baixa Sajonia. Hans J. Weissflog, como tornero e deseñador , pertence a un pequeno grupo de renovadores dunha artesanía perseguida a miúdo nostálxica e curatorial … Co seu traballo, a creación de vasos, caixas e obxectos libres, pertence aos magos indiscutibles da arte de espremer cada forma dun anaco de madeira. , sobre todo límites físicos e técnicos “.
J. García Otero
J. García Otero da Coruña. Sempre lle gustou o torno, pero cando coñece a Fernando Vérez e a súa obra interésase seriamente. Participa desde os primeiros Encontros de Torneiros na Fraga, Xermade onde asiste a unha demostración de J- F Escoulen e iníciase no delicado mundo dos tembladores e descentrados. Asiduo colaborador nas demostracións da Asociación de Amigos dá Madeira das Pontes.
Julio Guntín
Julio Guntín profesional da carpintería en Vilalba (Lugo). Cando se xubila acode por curiosidade a un dos primeiros Encontro de Torneiros. O que ve catívalle de forma que se converte en asiduo e as súas pezas evolucionan rapidamente e convértese en innovador con pezas realmente complexas. As súas experiencias lévanlle á construción de útiles e complementos para a elaboración de salomónicos. Participa habitualmente en feiras de artesanía con demostracións en vivo.
Phil Irons
Nacido en Australia, Phil criouse con madeira na familia, o seu pai era carpinteiro e xunto coa súa nai eran restauradores de antigüidades.
A introdución de Phil ao torneado de madeira produciuse á idade de 13 anos cando o seu pai adquiriu un torno de pedal de ferro fundido para nenos, fabricado nos EE. UU. Na década de 1870. Tomouno como un hobby serio aos 20 anos e despois dun período de seis anos na industria de viaxes, tomou a decisión en 1994 de convertelo na súa profesión.
O seu coñecemento e apreciación das madeiras obtívose inicialmente ao traballar como enxeñeiro forestal durante varios anos.
Phil é autor de varios artigos de revistas e do libro de proxectos máis vendido ” Woodturning, Two in One” que foi traducido a nove idiomas.
Os seus vasos de cores e formas ocas coas súas formas claras e fermosas e liñas fluídas buscan a forma perfecta. A súa razón para colorear madeira é mellorar a figura oculta en madeiras brancas, xeralmente unha ramificación ou unha ondulación, de sicómoro, bidueiro prateado, freixo, arce e similares.
Christophe Nancey
Vive en Nièvre, unha rexión cunha longa tradición forestal, Francia.
Nacido en 1961, Christophe Nancey estivo torneando e esculpiendo madeira desde 1984. Despois de crear, a finais dos anos 80, unha técnica de incrustaciones e mosaicos baseada na asociación de madeira e metal, interesouse en texturas e aspectos de superficies, logo en policromía.
As técnicas que crea e utiliza de tallado, erosionado e queimado complementan un torneado imaxinativo, están ao servizo da súa imaxinación e a súa expresión artística. Os materiais que usa son principalmente lupas e nós de varias madeiras que combina ás veces con cobre e estaño.
Hoxe as súas obras falan dunha natureza imaxinaria, sensual e magnificada, é a madeira coas súas feridas e os seus estigmas de crecemento o que dá lugar ao proxecto do artista.
Benoit Averly
Benoît Averly vive e traballa en Borgoña (Francia), onde crea, cun espírito refinado, obras de madeira con sutís contrastes, xogando con luces, liñas e texturas. Inspirado pola natureza, a arquitectura, alimenta as súas creacións a través do seu traballo fotográfico durante as súas viaxes, buscando un ritmo e un equilibrio tranquilo.
A madeira, un material que descubriu desde a infancia, trabállase en formas simples, raramente lisas, a maioría das veces cubertas con materiais, texturas ou patróns repetitivos.
Arturo Iglesias
Arturo Iglesias é o coidador do Museo Etnográfico de Grandas de Salime (Asturias) e é a única persoa que se dedica a realizar demostracións co torno de ballesta ou de media volta no país. É unha réplica do torno portátil que usaban os torneiros e cunqueiros ambulantes que durante o inverno principalmente percorrían o norte e noroeste da península ibérica. Recrea esa actividade facendo as pezas tradicionais de uso común nos fogares desas zonas.
Jesús G. Albá
“Nacín nun pobo de Lugo, crieime noutro do Bierzo, en León, e desde fai cincuenta anos vivo en pobos dos arredores de Oviedo”. No ano 1981 tiven necesidade de buscar un torneiro de madeira en Oviedo para facer unhas pezas, atopeime con que só quedaba un na cidade e accedeu a deixarme velo traballar. Quedei estupefacto… Aquel artista metía un “pau cadrado” no torno e sacaba, entre unha nube de labras e en escasos minutos, un belo balaustre dunha escaleira. Era Andrés. Decateime de que acababan de celebrarse os primeiros Encontros de Torneiros na Fraga, Xermade; eses perdinmos, pero non faltei aos segundos, alí coñecín a Lolo coa súa inmensa destreza, Tito torneando e a Fernando ensinándonos coa súa coñecida maxia, máis adiante a Javier Palacios e a Arturo e o seu tradicional torno de ballesta. Así deixei de raspar con vellas limas e empecei a cortar con gubias de aceiro rápido que nos facilitaba o bo de Miguel de Tornyfusta”.
Profesor de Ciencias na Escola de Maxisterio de Oviedo, a súa paixón polo torno e os seus coñecementos de botánica brindounos inesquecibles visitas guiadas á contorna privilexiada da Fraga onde se celebraban os primeiros Encontros, descubríndonos o mundo das árbores da España húmida, materia prima imprescindible para o torno.
“Cando torneo sinto un profundo pracer por crear algo novo e unha tamén profunda gratitude por todos aqueles mestres que me ensinaron. As liñas de deseño que escollo e as formas que desenvolvo son sempre liñas puras e sinxelas, sen adornos nin floreos barrocas. Busco as formas harmónicas e equilibradas das pezas tradicionais .