Encontro de torneiros

Historia

O Encontro naceu no 2001 na Aldea Artesán de A Fraga, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentos,ferramentas, maquinaría, materiais e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer ao maior número de persoas posibles.

Este evento celébrase en Xermade na segunda quincena do mes de setembro coa asistencia de profesionais e afeccionados de todo o Estado e do resto de Europa e, incluso, de EEUU, Australia e Nova Zelanda.

Unha das finalidades didácticas que persegue este encontro é divulgar os valores do oficio, algo que ten resultados satisfactorios, pois o público asistente cada vez ten mais argumentos para diferenciar artesanía e industria.

“Unha das finalidades didácticas que persigue este encontro é divulgar os valores do oficio.”

Obxectivos

Os Encontros Internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na Península Ibérica que se celebra no Concello de Xermade dende hai 19 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos para transladar á sociedade os seus orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.

Durante tres días reúnense profesionais e afeccionados para compartir coñecementos e experiencia, ao tempo que se axega ao público en xeral ao mundo da tornería.

Se algo cabe sinalar no balance de estos dezanove anos é que técnicamente houbo unha evolución asombrosa e o salto cualitativo é verdadeiramente notable.

“Durante tres días reúnense profesionais e afeccionados de todo o mundo para compartir coñecementos e experiencia.”

Historia do torneado

Tornear

Tornear consiste, básicamente, en dar forma con diferentes ferramentas a un toro de madeira mentres está suxeito a unha máquina, o torno, que o fai xirar.

O torneado é unha das técnicas maís lonxevas empregadas para traballar a madeira, ao parecer de orixe europeo, pois as pezas máis antigas que se coñecen feitas cun torno son etruscas (centro da actual Italia) do século VIII a.c. e outra do século VI a.c. atopada na Alta Baviera (Sur de Alemaña).

En Exipto atopouse un baixorelevo onde se representa a uns artesáns ao seu axudante traballando no torno na tumba de Petosiris (necrópolis de Tuna el-Gebel, preto da antiga ciudade de Jmun) datado polos investigadores entre finais do século IV e comezos do século III a.c.

En Galicia non é doado conseguir probas históricas do seu uso tanto pola ausencia de documentación, como polo tipo de materia prima empregada e os factores ambientais que inflúen na súa conservación.

EXPOSICIÓN ITINERANTE DE MADEIRA TORNEADA

contornos

ENCONTRO DE TORNEIROS

Relatores